cantata vernácula


 

Cantata Vernácula, un dúo creado en 2009, intenta recuperar nos seus espectáculos a participación activa do público por medio da música tradicional galega.
Acompáñanse de acordeón e zanfona para ir introducindo ao público nunha auténtica festa galega onde músicos e espectadores confúndense, onde todos rematan cantando.
Entre retranca, anécdotas e explicacións, este dúo consegue achegar o noso folclore a todos os públicos dun xeito orixinal e divertido.

Membros: Suso Vaamonde e Xoán Porto.