AZOUGUE


O azougue  (Mercurio en español) confire ao vidro a facultade de reflectir a realidade que recibe, pois o espello non é senón un vidro azougado. Do mesmo xeito Lamas e De Miguel, coa colaboración de Romero, reciben a realidade da música tradicional, pero a reflicten cun espello libre que non se cingue á literalidade do obxecto reflectido.

O espello imaxinario co que traballan xera novas pezas nas que a compoñente tradicional tan só é unha parte da súa nova realidade, un mundo musical no que a world music conflúe coa música clásica e o jazz, un mundo no que a tradición ocupa sempre un lugar privilexiado.

Membros: Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero



Letras e cancións:

Danza