Bala é unha banda galega de stoner rock / grunge composta pola coruñesa Anxela Baltar (guitarra e voces) e a lucense Violeta Mosquera (batería e voces). O 14 de setembro de
2015 publicaron o seu traballo de estrea, un álbum de sete temas chamado Human Flesh, .e o 3 de marzo de 2017 editaron o seu último disco ata a data, Lume, ámbolos dous a través
da discográfica compostelá Matapadre.